Foz é unha ribeira de salitre con alma de resistente; as súas xentes mariñas seguen fieis aos oficios do mar que herdaron os seus antepasados. A confraría que posúe conta con 40 asociados que traballan o cerco e artes menores. En Foz, o programa “Ribeiras de Salitre” atopa singularidades, coma a escola de surf de Antón Rodríguez. Non faltan os vellos lobos de mar, homes dunha enorme experiencia, con moitos anos de navegación e pesca. Con dous deles sae a navegar pola ría o equipo do programa: Tom Rey, que traballou o cerco, e Paco Fernández, que pescou no Gran Sol.  Aos vellos lobos de mar gústanlles as cancións mariñeiros, e por iso formaron o grupo “Os Larpeiros”, composto por veteranos do mar e amigos que fan un grupo entrañable que, ao tempo que goza do lecer, conserva a tradición musical das xentes mariñas. Nas cociñas desta terra prepáranse moi ben os produtos do mar e a peixeira Remedios García cociña para o programa polbo encebolado. Mentres o fai, fala do seu oficio, que ll