O porto de Ferrol é un enclave de contrastes, xa que ademais da actividade pesqueira, especialmente marisqueira, ten moita actividade comercial. “Ribeiras de salitre” visita este porto para coñecer o seu encanto e aos profesionais que nel traballan.  O presentador H. Rivadulla fala con Isabel Maroño, unha mariscadora moi nova que leva dez anos no oficio. Decidiu presentarse a patroa maior para dar máis presencia ás mulleres na confraría e agora ostenta ese cargo. Pilar González empezou co marisqueo traballando coa súa irmá, por circunstancias tivo que deixalo e ela continuou coa embarcación, traballando soa no mar da Ría de Ferrol. Un dos típicos lugares da cidade é o Mercado da Magdalena, un dos máis importantes de Galicia. Niki Lourido e Rocío Soto coñecéronse neste lugar cando ambos traballaban alí. Nesta entrega, é Rocío a encargada da sección gastronómica e cociñará unha hamburguesa de sargo. En Ferrol a música póñena o recoñecido gaiteiro e construtor de gaitas Antón Varela, m