Cada ribeira de salitre, cada porto, ten unha personalidade distinta, e se pensamos nunha palabra que defina cada personalidade, a palabra para o porto ao que nos diriximos hoxe, esta será elegancia. O porto de Corcubión. Para nos a elegancia e un atributo do carácter das persoas. E este carácter elegante é o elemento distintivo do porto de Corcubión. Ao sur da Costa da Morte temos a Ría de Corcubión, e no porto que da nome á ría atopamos unha vizosa actividade pesqueira e de marisqueo. A súa confraría conta con setenta e un asociados, que se dedican ao marisqueo, mergullo, nasa e palangrillo. Saímos ao mar con MIGUEL SUAREZ, traballa na ría indo á nasa do polbo. Tardou en facerse mariñeiro, antes tivo traballos en terra, pero agora ten xa un barco con seis homes traballando co el. Vai a diferente oficios pero o que máis lle gusta traballar é a nasa do polbo, porque foi con este oficio co que empezou a aprender a ser mariñeiro. Desprenden elegancia sempre as mariscadoras, as que m