Ao fondo da ría de Vigo, fronte a illa de San Simón, emerxe o porto de Cesantes, que pertencente a confraría de Redondela, onde entre mariñeiros e mariscadores xuntan 281 traballadores. O equipo de “Ribeiras de Salitre” realizou un programa nestes lugares ribeiráns coñecidos sobre todo polo famoso choco, aínda que tamén pola ameixa, o berberecho, o carallote e a cornicha.