A bravura do mar de Cedeira propicia un mar vivo, xeneroso en peixe, marisco e percebe. A Confraría conta con 180 asociados, que traballaban en setenta embarcacións, ademais do marisqueo a pé, e o importante facer dos percebeiros. Un dos máis veteranos é Antonio Tojeiro, con máis de catro décadas nas rochas. Para cociñar imos contar co patrón Maior Eduardo González. A música que fala do mar a traen os rapaces de rapazas de Os Benignos.