Cedeira é o porto que visita desta volta Ribeiras de Salitre. Entre percebeiros e mariñeiros, a confraría desta vila coruñesa ten 200 asociados e 70 embarcacións rexistradas, dedicadas principalmente á volanta e ao palangre, ademais do percebe, o seu produto estrela.  Marisa Loureiro é a representante das redeiras da vila. Marisa, que herdou o oficio de súa nai, fala de como naceu a asociación de redeiras de Cedeira e da importancia de estaren unidas para negociar cos armadores e mellorar as condicións de traballo.  O apartado gastronómico do programa protagonízao o percebe. A cantante cedeirense Guadi Galego é a encargada de preparar o prato con máis sona da vila. O presentador do programa, X.H. Rivadulla Corcón, vai dar unha sorpresa, xa que tamén cociña, nesta ocasión, un revolto de algas cun toque especial.  A nota musical da costa poñena “Os Benignos”, un grupo de recente formación, que interpreta a ritmo de ska “O Chilindrín”, que fala dun barco mítico de Cedeira. Tamén está c