Carril é a ribeira de salitre da ameixa por excelencia, pero alí tamén se atopan un bo número de mariñeiros traballando nos oficios da baixura. En concreto, a súa confraría ten 449 asociados, entre parquistas, mariscadores e mariñeiros. Comeza esta aventura falando con Antonio Pesado, un mariñeiro da vila co que o equipo coñecerá a pesca da saborosa soia. Esta é unha arte moi peculiar, porque esta especie vive escondida na area e para capturala é preciso empregar uns rascos de grande tamaño, similares aos que se utilizan para a apañar a vieira. Veremos a actividade da lonxa da man de Moisés Campos, que traballa neste lugar desde hai moitos anos. El dedícase a facer a poxa da ameixa e os traballos de control de cupos e tamaños. A pesar de vir de familia mariñeira, non era o mar o que máis chamaba por el, mais as circunstancias da vida foron facendo que se achegara ao oficio e acabara por integrarse plenamente na familia mariñeira desta beira da Ría de Arousa. Merche Caralda é unha da