Á sombra do monte Pindo, no concello de Carnota, atópase o porto que leva o mesmo nome e que é lugar de marisqueo e pesca artesanal. Os reporteiros deste espazo dedicado ao mar coñecerán neste enclave a Isabel Lago, bióloga dunha confraría mostras do marisco para elaborar un plan marisqueiro que logre a explotación sostible destes recursos. A Mari Camen Otero atoparana nas estradas do concello vendendo peixe. Ela é unha muller alegre e moi boa vendedora deste produto que recolle, principalmente, na lonxa de Fisterra. Ademais, o equipo acompañará a Isabel Álvarez ata a cociña, onde prepararán un guiso de lapas.