“Ribeiras de Salitre” lévanos ao porto de Cariño, onde se emprega unha gran variedade de artes de pesca coma o enmalle, cerco, palangre e marisqueo. As xentes amables deste enclave amosan as diferentes caras da cultura e da tradición mariñeira da vila. Unha das profesións máis antigas ligadas ao mar e aos mariñeiros é a de redeira, tradicionalmente exercida por mulleres. María Landrove cose, desde moi nova, as redes empregadas na pesca. Benigna Rey fai encaixe cos palillos, unha actividade moi arraigada na costa. Santiago Cuevas, outro veciño con grande axilidade nas mans, fabrica maquetas de barcos a partir dos nós e fíos mariñeiros, un tipo de artesanía singular. Manuel Fontenla, un ex mariñeiro que agora vende peixe nunha furgoneta, prepara uns xurelos lañados á brasa. Mentres, os máis pequenos bailan a Danza de Arcos, un baile tradicional de orixe descoñecida que se espallou por outros portos de Galicia.  Desde o Cabo Ortegal, o lugar máis emblemático do municipio de Cariño, pód