O programa navega pola ría de Vigo, fronte ao porto de Canido, onde se traballa o mar desde tempos que se perden na memoria e onde se gardan con máis intensidade e paixón as esencias da pesca artesanal na Confraría de Pescadores de Vigo. Rivadulla Corcón conversa neste programa con Lidia García, que na súa xuventude traballou nunha das fábricas de conserva que había no porto; con Vanessa Arias, patroa do ‘Alba María Alonso’, que se dedica ás nas do polbo;  co veterano Julio Alonso que, aínda que está xubilado, acompaña a Vanessa Arias para asesorala no oficio; con Rosa Marina, sobre a súa vida de mariscadora; Víctor González, licenciado en Ciencias do Mar, fala da súa visión do mar como biólogo e mariscador, e Carmen Martínez viaxará polas súas lembranzas de Canido de hai máis de cincuenta anos