Os cincocentos homes e mulleres que traballan o mar en Cambados son herdeiros dunha vella tradición, e hoxe conservan artes ancestrais como o boliche ou o bou de vara, ademais de traballar o cerco, o marisqueo e as artes menores. No marisqueo a pé traballa Mari Carmen Resúa. Nunha praza de abastos con moita vida vende peixe Isabel Fernández. Loudes Somoza traballou no mar é hoxe nun restaurante. A música, nunha praza ben fermosa, a interpreta a agrupación Xironsa. Manolo Paz fálanos das pedras do mar que non queren abandonar o seu hábitat. Mar Ambroa traballa por coidar o mar e dar visibilidade ás traballadoras mariñas. E a case toda as artes de Cambados ten traballado Luís Martinez.