Coñecido sobre todo por ser o enclave boniteiro máis importante de España, o porto de Burela ten tamén abundantes descargas doutras especies coma peixe espada e pincho, e pesca de baixura con artes menores como cerco, a volanta e a nasa. No programa coñecemos a Balbino Trelles, mariñeiro e gardián dun Barco - Museo que, atracado no peirao, amosa ao mundo a historia da pesca nestas costas lucenses. Pero a sorpresa vai vir dada pola actuación do Mago Pi, un simpático home da zona que fai maxia cos peixes, compaxinando o seu traballo diario na baixura.  X.H. Rivadulla Corcón acode ao establecemento hostaleiro 'A Moncloa', onde integrantes da asociación de mariñeiros xubilados e xentes afíns contan anécdotas da vida do mar. Alí o equipo do programa degusta uns bos bocados acompañados logo coa música do acordeón.