As xentes mariñas de Ares exercen os oficios do mar con verdadeira vocación. É o caso de Lolo Muíños, que seguiu os pasos de seu pai, e traballou con el no porto de Pasaia de Euskadi. Unha vez retirado, Lolo volveu a Ares, a súa adorada terra natal. Juan Carlos Rey tamén sente esa paixón pola súa terra e amosa a baía que acolle o porto, mentres conta como é a vida e as posibilidades laborais do lugar.  Un dos típicos lugares da vila é a súa praza de abastos, onde Elena Castro dispón dun posto exterior. Ela ía para peiteadora, pero cruzouse no seu camiño o que hoxe é o seu marido, daquela pescador. Outro dos emblemas de Ares é o barco que adorna a rotonda da entrada da vila. Pertencía a José Antonio Bonome, o cal doou a Begoñita ao concello.  A comida tampouco falta nesta baia, e Manolo Caínzos, con moitos anos de mar enriba, convida os reporteiros a marmitaco de albacora. Hai poucos anos que se retirou, pasou a maior parte da súa vida traballando en barcos arrastreiros do porto da Co