Índice de contidos 00:00 Porto marisqueiro onde se colle ameixa, berberecho e navalla, e tamén se traballan as artes menores, e contan con douscentos asociados á Confraría. Na praia marisqueira imos conversar con Beatriz Olveira, nunha paradiña no seu traballo. María Dolores Figueiredo pertence á terceira xeración de peixeiras, e xa vendía con doce anos. Mariscadora é Geno Maneiro, pero hoxe no canto de mariscar vai cociñar. Música mariñeira, que fala da ría de Arousa é a das pandeireteiras de Aixola. Manolo González preside a agrupación dos mariscadores a flote. Bateeiro dos que traballaron nos tempos de levantar as cordas a man é José Noal. E navegaremos no Califronia, cos seus tripulantes, Moncha Fernández e Nicandro García.