Na Illa de Arousa atópase unha das Confrarías con maior número de asociados, 897 homes e mulleres, que traballan as artes do marisqueo a flote e a pé, a nasa, o trueiro, o xeito ou o mergullo. Sendo tamén moi importante o traballo dos bateeiros.  Hoxe, X. H. Rivadulla Corcón irá ao mar con Soledad Patón e Magdalena Chávez, que son nai e filla e traballan o marisqueo a flote. Ademais das historias dos propios homes e mulleres da Illa de Arousa, algo que é moi representativo da súa cultura mariñeira son as dornas. E na area da praia de Cabodeiro atópase a maior concentración de dornas que se pode atopar en calquera lugar.