O programa recala no porto da Guarda, onde a falta dunha ría condiciona a vida dos mariñeiros. En canto remontan o espigón xa están ante a inmensidade do océano Atlántico e pode que sexa por isto polo que son aventureiros de natural. X. H. Rivadulla Corcón sae ao mar co percebeiro Quique Campos. Pola súa banda, Silvia Crespo, a percebeira máis veterana da contorna, fala do risco que supón. E Eli Campos, de só 23 anos, fai toda unha defensa do oficio no que quere traballar toda a vida. Cuqui Rodríguez cociñará para o programa un prato moi típico da zona, Litán, un melgacho seco que preparan en caldeirada.O espazo da TVG remata coa intervención de Celia Lomba, redeira nos seus inicios, muller de mariñeiro de altura e hoxe responsable dunha empresa armadora.