O programa percorre unha ducia de vilas que teñen en común o tema que se enuncia. Tamén ofrece unha sucesión de relatos enlazados entre si e conducidos por uns guías locais coa súa contorna como fondo. Cada entrega complétase co testumo de persoas do lugar. En cada vila que se prece adoita haber un cronista, habitualmente oficioso, atento ao acontecer do lugar, sabedor de pasados tan controvertidos como explicables, pero sobre todo, coidadoso observador do cotián e administrador de presentes moi vivos, feitos contemporáneos ausentes de noticia pero merecentes de análise e opinión. Desde o feito de que cada unha das vilas galegas podemos atopar unha mestura secular de patrimonio e natureza, o programa reivindica o testemuño distendido de feitos que tenta mostrar en plenitude, desde o coñecemento en forma de historia, gastronomía, arte ou simplemente cun acceso ao cotiá, á anécdota e ao comentario espontáneo que tende a xerar autenticidade.