Close

Relanzos

O programa percorre unha ducia de vilas que teñen en común o tema que se enuncia. Tamén ofrece unha sucesión de relatos enlazados entre si e conducidos por uns guías locais coa súa contorna como fondo. Cada entrega complétase co testumo de persoas do lugar. En cada vila que se prece adoita haber un cronista, habitualmente oficioso, atento ao acontecer do lugar, sabedor de pasados tan controvertidos como explicables, pero sobre todo, coidadoso observador do cotián e administrador de presentes moi vivos, feitos contemporáneos ausentes de noticia pero merecentes de análise e opinión. Desde o feito de que cada unha das vilas galegas podemos atopar unha mestura secular de patrimonio e natureza, o programa reivindica o testemuño distendido de feitos que tenta mostrar en plenitude, desde o coñecemento en forma de historia, gastronomía, arte ou simplemente cun acceso ao cotiá, á anécdota e ao comentario espontáneo que tende a xerar autenticidade.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/relanzos

Episodios disponibles para ver online

O eido ecolóxico - 19/01/2018 10:00
Vilas e revoltas - 18/01/2017 00:45
Leria e lecer - 11/01/2017 00:45
Unha morea de petiscos - 04/01/2017 02:00
Na vila está de máis - 28/12/2016 01:00
Compañas e conversas - 14/12/2016 01:00
"Hai lideira na vila" - 07/12/2016 00:45
Traballos e teimosías - 30/11/2016 01:00
Galicia é unha terra de xente traballadora. “Relanzos” fai un pequeno percorrido por algúns traballos e teimosías de galegos e galegas que exerceron oficios sacrificados e loitaron por obras singulares. Hai moitas testemuñas que falan de traballos sacrificados como o do cesteiro de Pincelo xa falecido, na Ribeira Sacra, ou o de Narciso Luaces, de Ortigueira, na construción do seu museo persoal. Non falta un gando excepcional en veigas de Chantada e montes de Celanova, nin a obra singular dun buscador de pedras preto de Viana do Bolo.
Andainas e camiñadas - 16/11/2016 01:00
O programa repasa as abondosas rutas de sendeirismo de todo o país. Preto da vila de Celanova, o equipo do programa pasea na procura de paxariños. En Mondoñedo, visita as tumbas do camposanto e, en Sarria, as plantas medicinais descritas por un crego. Ademais, camiñan pola praia de Espasante e ascenden ao monte Lobeira de Vilanova. 
O miolo da vida - 09/11/2016 01:00
O programa da noite dos martes “Relanzos” segue falando dos lugares de xuntanza nas diferentes vilas galegas. En cada localidade existe un lugar de encontro do que botar man para verse, un espazo propio representativo e tradicional que ten moito de protagonista nas vilas galegas.  Así, da man dos guías do programa, paseamos pola praza Maio de Allariz ou a do Convento de Melide, pola corredoira de Tui ou por ese recanto de Ribadavia onde todo o mundo se quita unha foto. Non falta un paseo pola costa: unha cita na lonxa en Fisterra e outra en terras arousás. O equipo mesmo se achega ao pío que en Viana chaman pilón, e hai moitos miolos en todas partes, núcleos aos que a xente acode e nunca deixa de volver.  
O son que soa aquí - 02/11/2016 01:00
Esquecidos - 26/10/2016 01:00
Mercar por ser de aquí - 19/10/2016 01:00
O programa ten un formato no que unha persoa da vila fai de condutora, que se reúne e fala con outraspersoas. Concibido como un seguimento televisivo dun percorrido por unha duciade vilas co denominador común de cada un dos temas que se enunciarán,"Relanzos" é tamén unha sucesión dunha serie de relatos enlazado sentre si e conducidos por uns guías locais coa súa contorna como fondo e a presenza en forma de testemuño dalgunhas persoas de cada localidade que compoñen coa súa participación o conxunto de cada entrega Desde o feito de que cada unha das vilas galegas podemos atopar unha mestura secular de patrimonio e natureza, o programa reivindica o testemuño distendido de feitos que tenta mostrar en plenitude, desde o coñecemento en forma de historia, gastronomía, arte ou simplemente cun acceso ao cotiá, á anécdota e ao comentario espontáneo que tende axerar autenticidade. Neste programa interveñen: Suso Vila, historiador (Tui); Sor Herminia López, abadesa do convento das Clarisas (Tui

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >