Lucía Pérez acode á chamada dos veciños da parroquia de Xestoso porque queren homenaxear o seu cura, Luís Ángel Rodríguez Patiño, unha persoa moi vital, un tanto particular, pero que desde que chegou a esta localidade supuxo toda unha revolución e unha inxección de vitalidade para os veciños da parroquia.   Na sección de “O Recuncho de Quérote Tanto”, Arantxa Treus atenderá no bar dúas historias, unha de amizade e outra de amor. A primeira, virá da man de Cristina, que quere dicirlle á súa amiga Raquel o importante que é para ela.  A segunda historia sorprenderá a Pablo, xa que el pensa que acompaña á súa parella a un casting dun concurso de talentos e o que se atopará será unha verdadeira declaración de amor por parte da súa muller, Jessica.