Índice de contidos 01:42 Bea sorprende ao seu fillo Alejandro 10:33 Beni, a matrona de Viveiro 50:02 Graciela quere demostrarlle o seu amor a David Esta noite, Lucía Pérez e o equipo desprázanse ata o norte de Lugo para presentar a historia de Beni Martín, a primeira matrona do hospital da Costa. Os amigos e compañeiros de Beni acoden ao programa para agradecerlle todo o labor que fai no centro de saúde e a implicación que sempre ten coas súas pacientes. Beni, sen sabelo, vivirá unha xornada de emocións en que os amigos, pacientes e familiares reuniranse nun parque de Viveiro para darlle a merecida sorpresa e homenaxe que queren renderlle a esta compañeira. Na sección de ‘O recuncho de Quérote tanto’, Arantxa Treus estará acompañada por Bea unha nai que quere agradecerlle ao seu fillo Alejandro todo o que ela aprendeu del. E o amor de parella volverase ver no ‘Recuncho’, xa que Graciela terá a oportunidade de demostrarlle todo o seu amor a David e dicirlle todo o que o