Vai celebrarse un casting para un anuncio de comida e pensan en presentar a Raqueliña, pero resulta que lle coincide un exame de inglés á mesma hora do casting. Miro e Antón encargaranse de levar a nena o casting sen que o saiban Mónica e Olimpia. Miro tense que ocupar de Raqueliña, xa que Antón ten que marchar ó traballo. Ó final resulta que o casting era de animais e Miro sae coa nena facendo a proba "Raquel facendo de cabra". Sae pola televisión e entéranse no bar.