Close

Pratos combinados

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do bar Suízo. Televisión de Galicia estreou a serie o primeiro de decembro de 1995.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Series
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/pratos-combinados

Episodios disponibles para ver online

Capítulo 261: Moitas grazas por todo - 30/05/2018 00:13
Capítulo 260: Buscar na enciclopedia - 30/05/2018 00:12
Capítulo 259: Xubilación anticipada - 30/05/2018 00:02
Capítulo 258: Alarma social - 30/05/2018 00:02
Capítulo 257: Pereira e a empanada de berberechos - 28/05/2018 00:02
Capítulo 256: O horóscopo - 28/05/2018 00:02
Miro e Antón queren crear un horóscopo en que tanto Olimpia coma Gutiérrez crean cegamente; para iso terán que demostrar que hai unha futuróloga moi boa que acerta sempre e que será a súa cómplice (Paula). Empezan a poñelo en práctica e funciona, xa que van provocar que lles suceda na cada un unha serie de cousas. Pero ao final trabúcanse de persoas e a cada un dinlles o que non é, e todo sae do revés.
Capítulo 255: Animaliños simpáticos e intelixentes - 28/05/2018 00:02
No Suízo queren poñer Empanada Express, xa que non hai moita xente no bar. Gutiérrez precisa unha mascota para o banco. Olimpia fala con Pedro xa que poñer en marcha o negocio da empanada ten uns gastos de 20.000 euros. Por outra banda, Gutiérrez ofrece 30.000 euros para quen teña unha idea para unha mascota.
Capítulo 254: O carné de conducir - 28/05/2018 00:02
A Miro quérenlle retirar o carnet de conducir, para recuperalo terá que presentarse ao exame. Nicanor está moi preocupado pola súa vesícula. Olimpia fala con Antón para que axude a Miro a preparar o exame de conducir. Éste ponse a estudiar con Miro e ao comprobar o desastre, deciden que subornarán o profesor que resulta ser amigo de don Nicanor. Finalmente todo sae do revés e mentres uns comen xamón, outros estudian para sacalo carnet.
Capítulo 253: Nicanor Superstar - 28/05/2018 00:02
Nicanor recibe un último aviso de embargo. Gutiérrez quere promocionar a nova cartilla do banco, a Antón ocórreselle a idea de que a promocione JimParker, actor famosísimo. Embárganlle a Nicanor dúas imaxes de Santa Rita. Antón recibe a mala nova deque Jim non pode acodir, pero non ten valor para dicirllo a Gutiérrez e Olimpia. A solución é maquillar a Nicanor como Jim, xa que ten certo parecido. Nicanor acepta xa que cobrará e poderá desfacerse do seu embargo. Afortunadamente, todo sae ben e non serán castigados os de sempre.
Capítulo 252: Contrato de alta dirección - 28/05/2018 00:02
Miro quere un traballo novo para demostrar seu talento. Na igrexa non teñen auga, tampouco na Casa de Turismo Rural. Ocórreselles a idea de poñer un falso anuncio no xornal. Os dous pican e chaman para que contraten a Miro, éste ponse a facer o arranxo na igrexa. Rematado o traballo Miro quere cobrar, así que lle dín que faga o mesmo na Casa de Turismo Rural. Finalmente acaban os dous facendo a obra na Casa e o que cobran descóntanllo de todo o que viviron sen dar pancada.
Capítulo 251: Un novo socio para Olimpia - 28/05/2018 00:02
Olimpia non quere que Miro e Antón estén no bar, xa que Gutiérrez quedou con ela para falar en privado, ten un novo socio para facer negocio coas empanadas. Como non queren que o novo socio vexa a Miro e Antón inventan unha excusa para afastalos.
Capítulo 249: A comida dos campións - 28/05/2018 00:02
Vai celebrarse un casting para un anuncio de comida e pensan en presentar a Raqueliña, pero resulta que lle coincide un exame de inglés á mesma hora do casting. Miro e Antón encargaranse de levar a nena o casting sen que o saiban Mónica e Olimpia. Miro tense que ocupar de Raqueliña, xa que Antón ten que marchar ó traballo. Ó final resulta que o casting era de animais e Miro sae coa nena facendo a proba "Raquel facendo de cabra". Sae pola televisión e entéranse no bar.
Capítulo 248: O profesional do ano - 28/05/2018 00:02
Van a elixir o profesional do ano, e Miro non está moi ben situado, o premio é unha viaxe ao Caribe para dúas persoas. Miro xunto con Antón están decididos a gañalo. Nicanor, está preocupado por un embargo, pero Antón fai que a carta de Nicanor se perda por un par de días. Pedro é o encargado de recoller os votos do profesional do ano, pero está moi atarefado e pídelle a Nicanor que os recolla él.
Capítulo 247: O triunfo dos homes decididos - 28/05/2018 00:02
Miro segue intoxicando clientes e Antón segue coas mesmas ganas de traballar de sempre, Paula e Roi non fan nada na casa e a rapaza quere actuar nunha obra de teatro. Antón descubre que Peláez aceptou un choio no banco e agora ten secretaria, un Mercedes e vive ao grande. A Raqueliña regálanlle unha mascota, o coello Marcelino. Pedro, moi enfadado cos seus fillos porque non fan nada na casa, decide mercar un papagaio para que os rapaces sexan responsables. 
Capítulo 246: Miro e Antón ao galope - 28/05/2018 00:02
Antón intenta sair da vida mónotona que leva e nesto ve a Peláez, quec onseguira gañar na hípica os cartos que lle permitiron cambiar a súa vida. Por iso, Miro e Antón deciden ir a un concurso hípico en Vigo, pero Olimpia non lles dá permiso. Nesto o padre Nicanor, anda de compras xa que o convidaron a unha voda, Olimpia colabora con él no agasallo e na roupa que lle mercara a Raqueliña.
Capítulo 245: Unha sorpresa para Olimpia - 28/05/2018 00:02
Tuto está a martirizalos coas súas cancións á espera de que alguén llere coñeza o seu talento. O avogado ten o día gracioso e non fai máis que gastar bromas polo que seus fillos pensan en devolverllas. Don Nicanor quéixase de lumbago e ten que plantar unhas árbores. Olimpia está máis que farta de que Miro e Antón non dean pancada e castígaos no xantar dándolles unha folla de leituga. Antón ten unha idea, coa que Miro non está dacordo, esta vez traballarán de verdade; sen que don Nicanor se decate, prantarán as árbores.
Capítulo 244: O pozo dos milagres - 28/05/2018 00:02
A Miro e Antón xa ninguén lles fai nin caso polo seu comportamento, así que a Antón ocórreselle a idea de facer algo desinteresadamente polo cura para que a xente os trate ben. Miro escoita falar a Raquel e Nicanor sobre unha maqueta que están construíndo e pensa que se trata de algo que o cura precisa para a parroquia. Póñense a cavar un pozo ó lado da igrexa, pero Nicanor e Raquel caen dentro e teñen que ser rescatados por Paspi e Olimpia. Miro e Antón son de novo castigados, esta vez a sachar na Casa de Turismo Rural.
Capítulo 243: Antón Santos, felizmente casado - 28/05/2018 00:02
Todos intentan convencer a Antón de que se faga un home de proveito, e Olimpia pídelle consello a Nicanor para que fale con Gutiérrez e interceda por él. Mentres, Mónica quere mercar unha moto e pretende pedir un crédito ó banco. Antón fala con Gutiérrez e decátase de que nunca poderá ascender senón é un home casado. Antón descubre que foi Mónica e a chantaxea polo crédito para que sexa ela a que pase pola súa muller... non lle queda máis remedio que aceptar e comeza a farsa...
Capítulo 242: Pallasos en acción - 28/05/2018 00:02
Miro célase de que todas as propinas van para Raqueliña, pero Olimpia e Mónica explícanlle que é por unha boa causa... está a recadar cartos para unha ONG, "Pallasos en Acción". Por outro lado, don Nicanor descubre que alguén lle está a facer a competencia pedindo cartos e non tarda en descubrir que é a súa propia sobriña a quen todos lle están a dar donativos para unha ONG. Miro e Antón deciden facerlle crer a Olimpia, que Raqueliña e Mónica están a gastar os cartos da ONG, mentres eles fanse co diñeiro de "Paiasos en Acción"que Raqueliña depositara nunha conta.
Capítulo 241: O golpe definitivo - 28/05/2018 00:02
Miro e Antón argallan un plan para ir pasar aa fín de semana a Toledo onde se celebran unhas xornadas de caza de perdices. Para elo Miro finxe ter unha forte dor e Antón corrobora que precisa a atención dun especialista moi caro que atende, precisamente en Toledo. Olimpia pon os dous a andar, pero eles non renuncian a participar nas xornadas de caza, polo que argallan un novo plan para conseguir cartos. Pretenden facer crer a Olimpia que unha empresa de Madrid quérelle mercar mil empanadas á semana. Para conseguir o seu obxectivo enganan a don Nicanor, que precisa cartos coma sempre, para que sexa o xerente do "negocio" e consiga sacarlle a Olimpia os cartos dunha suposta fianza.
Capítulo 240: O profesor de Raquel - 28/05/2018 00:02
Mentres Antón ten problemas no banco por non traballar moito, o cura tamén ten os seus problemas con Raquel  pois non pode, ou mellor non sabe axudar a Raquel cos deberes do colexio. Intenta convencer a Paula para que lle dea clases á nena, pero Paula escaquéase metendo a Antón no envolado, que a súa vez, coas súas zarangalladas, fai que sexa Miro o profesor de Raquel. Todo se complica e Miro e Antón acaban castigados como sempre, pero esta vez ás ordes de Raquel.
Capítulo 239: O novo oficio de Nicanor - 28/05/2018 00:02
Olimpia tolea coas facturas do bar porque Miro dedícase a agocharllas. Mentres tanto o cura segue coa súa afección a pedir cartos, que xa ninguén lle quere prestar, polo que Antón trama unha nova falcatruada: convertirá o crego nun empresario de renome. Pero no banco esíxenlle unha serie de requisitos e don Nicanor inventa que é propietario do bar Suizo e ademais que ten un fillo. Finalmente, descúbrese toda a mentira e acaban como sempre tirándose os trastos á cabeza.
Capítulo 238: Crema rexuvenecedora - 28/05/2018 00:02
Paula quere mercar unha camisa moi cara que seu pai non lle quere pagar, mentres tanto don Nicanor moi cambiado anda con maletín vendendo cremas rexuvenecedoras. Antón decátase de que Nicanor está a ingresar moitos cartos últimamente e descubre que as cremas que vende o párroco, realmente están feitas con iogur. Paspallás ten un sobriño, Pedro, que é igualiño que Miro. Deciden facelo pasar por Miro, pero son descubertos e castigados a descargar a leña na Casa de Turismo Rural.
Capítulo 237: O fútbol éche así - 28/05/2018 00:02
Os veciños queixanse polo cheiro duns colectores e o Concello non lles fai caso, mentres tanto están pendentes do torneo de fútbol das festas patronais. Descobren que noutras rúas si fan limpeza cos colectores e non o fan na rúa porque Miro debe máis de 20.000 euros. Gutiérrez propón a Antón como adestrador do equipo do Banco. Antón descubre que os rapaces do equipo da entidade son moi vagos e decide subornar ó equipo contrario con larpeiradas, pero en vez de darlle o maletín coas lambetadas, dalle o maletín cos 20.000 euros. Descobren o intento de suborno e castíganos a vender larpeiradas na rúa.
Capítulo 236: Milagres e outros fenómenos inexplicables - 28/05/2018 00:02
Olimpia está farta de que Miro teña todo manga por ombro e que non traballe nin na casa nin non Bar... e complica a vida de Antón tendo que ser éste quen cambie a actitude de Miro se quere seguir comendo de "violín" no Bar.Todo isto, unido ó famoso milagre de Santa Rita do que tódolos anos o padre Nicanor saca partido, fará unha vez máis que nosos personaxes véxanse envoltos noutra falcatruada das súas.

Otras series >


Otros programas de TVG (Galicia) >