Van a elixir o profesional do ano, e Miro non está moi ben situado, o premio é unha viaxe ao Caribe para dúas persoas. Miro xunto con Antón están decididos a gañalo. Nicanor, está preocupado por un embargo, pero Antón fai que a carta de Nicanor se perda por un par de días. Pedro é o encargado de recoller os votos do profesional do ano, pero está moi atarefado e pídelle a Nicanor que os recolla él.