Tuto está a martirizalos coas súas cancións á espera de que alguén llere coñeza o seu talento. O avogado ten o día gracioso e non fai máis que gastar bromas polo que seus fillos pensan en devolverllas. Don Nicanor quéixase de lumbago e ten que plantar unhas árbores. Olimpia está máis que farta de que Miro e Antón non dean pancada e castígaos no xantar dándolles unha folla de leituga. Antón ten unha idea, coa que Miro non está dacordo, esta vez traballarán de verdade; sen que don Nicanor se decate, prantarán as árbores.