Miro célase de que todas as propinas van para Raqueliña, pero Olimpia e Mónica explícanlle que é por unha boa causa... está a recadar cartos para unha ONG, "Pallasos en Acción". Por outro lado, don Nicanor descubre que alguén lle está a facer a competencia pedindo cartos e non tarda en descubrir que é a súa propia sobriña a quen todos lle están a dar donativos para unha ONG. Miro e Antón deciden facerlle crer a Olimpia, que Raqueliña e Mónica están a gastar os cartos da ONG, mentres eles fanse co diñeiro de "Paiasos en Acción"que Raqueliña depositara nunha conta.