Mentres Antón ten problemas no banco por non traballar moito, o cura tamén ten os seus problemas con Raquel  pois non pode, ou mellor non sabe axudar a Raquel cos deberes do colexio. Intenta convencer a Paula para que lle dea clases á nena, pero Paula escaquéase metendo a Antón no envolado, que a súa vez, coas súas zarangalladas, fai que sexa Miro o profesor de Raquel. Todo se complica e Miro e Antón acaban castigados como sempre, pero esta vez ás ordes de Raquel.