Os veciños queixanse polo cheiro duns colectores e o Concello non lles fai caso, mentres tanto están pendentes do torneo de fútbol das festas patronais. Descobren que noutras rúas si fan limpeza cos colectores e non o fan na rúa porque Miro debe máis de 20.000 euros. Gutiérrez propón a Antón como adestrador do equipo do Banco. Antón descubre que os rapaces do equipo da entidade son moi vagos e decide subornar ó equipo contrario con larpeiradas, pero en vez de darlle o maletín coas lambetadas, dalle o maletín cos 20.000 euros. Descobren o intento de suborno e castíganos a vender larpeiradas na rúa.