Antón e Miro xa están pensando que o porco da señora Carme está apunto de ser un exquisito cocido, pero a celebración da cea da policía local no Bar Suízo vai amolarlles a festa aos dous. O segredo co que os demais personaxes levan o evento da policía, e que o padre Nicanor anda tras a Casa de Turismo Rural para facer convivencias espirituais, fan que Miro e Antón sospeiten que algo se trama ás súas costas e por unha serie de malentendidos, vense envoltos nun crime que como sempre terá un final feliz.