A celebración da voda da filla do alcalde trae tolo ao padre Nicanor, pois a multa que ten que pagar a facenda polo bingo parroquial clandestino, non lle permite facer os arranxos necesarios na igrexa. A esta xa de por sí problemática situación, engádese a obsesión de Miro de ser útil e responsable gardando as arras baixo a súa custodia. Finalmente, todo se complica aínda máis non saíndo moi ben parados coma sempre, os nosos peculiares personaxes...