Na porta do Bar Suízo prodúcese un altercado entre Miro e Tuto por mor dun billete de vinte euros. Nese intre aparece Antón e xunto co seu cuñado deciden pedir unha suba nos seus respectivos salarios. Ningún dos dous teñen sorte, a Antón descóntanlle corenta euros e Miro acaba cunha morea de carpetas para revisar a contabilidade do bar.