Miro intoxica uns polvoróns e Olimpia decide contratar un seguro deposibles intoxicacións no bar. Nicanor ten todo organizado para Reis, vai quedar coa Sra. Carme para que lle faga un donativo, xa que esqueceu botar a carta de Raquel aos Reis Magos e terá que mercar él os agasallos. Pero Miro e Antón enganan á señora Carme para que ésta non lle dea cartos ao párroco. Nicanor vese sen diñeiro, e Miro máis Antón o convencen para finxir unha intoxicación. Pero Miro intoxícao de verdade e cando os descubren, son castigados a escribir a carta ás súas maxestades.