Miro séntese moi "comprimido" é dicir un incomprendido porque ninguén entende as súas xeniais ideas. Xunto co seu cuñado lembran un montón de aventuras e desventuras que viviron xuntos. As súas "especiais" receitas, o episodio do divorcio para conseguir un suposto iate, etc...Pouco despois no bar, Miro e Antón xunto con Pedro, o cura, Mónica e Paula, xúntanse coa intención de velo partido Dépor-Celta, xurdindo de novo lembranzas de feitos que viviron xuntos no pasado. O episodio no que Miro se fai pasar por un crego para conseguir cartos, ou o asunto dos restos arqueolóxicos na casa de turismo rural entre outros...