Este ano a Asociación de Veciños non celebra o concurso de disfraces e todos pensan en marchar da vila. Ante esto, Balbina decide celebra-lo concurso no bar Suizo.Á vez chega a Sra. Carme cunha cesta cargada de cachucha, lacón, chourizos e grelos para o cocido que tódolos anos fan polo entroido. Pero Miro e Antón levan o maior dos disgustos cando Balbina decide da-la cesta como premio ó gañador do concurso.Miro e Antón non se resignan a perde-lo cocido e deciden, coa complicidade de Paula, disfrazarse de "chourizos" e rouba-la cesta. Pero cando xa crían te-lo conseguido, son descubertos no apartamento de Antón coas mans no "cocido".