Os caracois non deixan de facer estragos na horta da casa da Señora Carmen. Miro e Antón nunha das múltiples visitas á Casa de Turismo Rural, ven a posibilidade de cociñar caracois no bar, posto que nas revistas len que son o prato exquisito e "mellor pagado" de restaurantes de luxo doutros paises. O problema chega cando non son capaces de controla-las moreas de caracois que invaden ó bar.