As vellas portas da casa de turismo rural non deixan durmir tranquila á señora Carmen, que se empeña en que na casa se atopa o espírito do avó de Pereira que morrera por un empacho de filloas. Antón quere converter a casa nun pazo para o encontro de novos millonarios na procura de terroríficas aventuras.