Están a facer limpeza xeral na Caixa de Aforros e Gutiérrez desfaise dun cadro que considera un espanto. Antón na súa pericia de gañar cartos con trampas intenta falsifica-la firma do cadro para que multiplique o seu valor. Coma de costume é sorprendido a piques de finaliza-la súa trampa co seu cuñado, e coma castigo rematan facendo unha verdadeira obra de pintores.