Na casa de turismo rural hai unha importante comida de pintores ó óleo. O padre Nicanor, está a piques de ser atropelado nunha rúa da vila e pide a Pedro que arranxe un paso de cebra co alcalde. Pedro non reacciona ata que Paula é atropelada e rompe un brazo.A forma de falar de Miro e o despiste de Paspallás fan que Antón confunda ós pintores ó óleo con productores de petróleo e polo tanto intentarán que no xardín da casa de turismo rural saia petróleo por todas partes. Os pintores liscan da Casa porque non teñen tranquilidade con Miro e Antón facendo das súas.Finalmente o alcalde xa ten dous voluntarios para pinta-lo paso cebra.