Paula Barreiro dirixe un espectáculo teatral para os nenos da parroquia, ese espectáculo non ten lugar de celebración e convencen a Balbina para que sexa no Bar Suízo.Miro e Antón andan argallando un plan para poder cobrar unha subvención por méritos que non fixeron. Antón ten que coidar ós nenos mentres Paula se fai pasar por Balbina cando no concello firman a subvención. Todo parece ir moi ben ata que no concello se encontran con Pablo Barreiro.Antón intoxica ós nenos cuns bocatas que Miro fixo. Os tres enredantes conseguen un inesperado éxito no escenario do Bar Suízo.