Paula Barreiro está a preparar unhas máscaras de barro para unha obra de teatro clásico do seu grupo. Antón ten a xenial idea de camuflar anacos de barro no medio da horta da casa de Turismo Rural para que así o alcalde a merque a Miro por unha millonada pensando que é un xacemento celta.Pero as cousas non saen tan ben como quixeran e son descubertos, polo que axudados polos compinches na fabricación de anacos de barro, acaban traballando na horta.