Miro séntese un empresario incomprendido, prepara bocatas de Mortadelo no canto de mortadela; café con monda para lle dar máis substancia, e aínda así "quéixanse".Todos reunidos para xantar un domingo no bar Suízo, lembran episodios como aquel da cea do colexio de avogados. Balbina trata de convencer a Pedro para que lla contrate, pero o avogado, teme que Miro a estrague coas súas falcatruadas. Pero conseguen quitalo do medio,  contratándoo xunto con Antón para cantar e a cea resulta un éxito.Lembran tamén aquel no que Paula vai actuar de malabarista no circo, pero o problema é que o seu pai non está dacordo en que súa filla sexa unha titiriteira.