Miro está pendente dunha multa por unha inspección de sanidade, intenta agocharse do carteiro, nese xogo de agocharse e axudado por Antón, decide convidar ó carteiro a un dos seus marabillosos cafés.O carteiro resulta intoxicado e para que non o vexan os clientes do bar, lévano ó apartamento de Antón; alí o que se lles ocorre a Miro e ó seu cuñado non é outra cousa que vestirse coa roupa do carteiro e así intentar evitar a multa de sanidade, o inminente despido de Antón da Caixa e facilita-lo seu ascenso a subdirector.