Na casa de Turismo Rural están a facer unha limpeza importante, nesta limpeza rescatan unha botellas de viño embotelladas polo defuntiño Sr. Pereira.Balbina e a señora Carmen encargan a Miro desfacerse das botellas, é aí cando entra a man de Antón, que presionado polo soño de se-lo novo subdirector da Caixa de Aforros, suxire ó señor Gutiérrez que regale unhas botelliñas do mellor viño ós asistentes a un congreso da Caixa.Tanto os asistentes a dito Congreso coma os veciños que pensaron que con ese viño facían unha boa compra resultan intoxicados.