O padre Nicanor anda a fachendear cos veciños da vila que lle sacou unha tallada á Caixa de Aforros abrandando o corazón de Gutiérrez tan só con poñer unha sotana. Aproveitando a ocasión e os cartos, o padre decide ir pasar uns días ó balneario.Balbina e Miro deciden cambiar de coche; cando ven os altos prezos, pensan en pedir un crédito. Ante as dificultades coas que se atopan para que llo concedan, Antón argalla disfrazar a Miro coa sotana de Nicanor e así poder enganar a Gutiérrez.Todo ía ben ata que o avogado Pedro Barreiro convida ó novo párroco e ó padre Nicanor a unha merenda para que axuden ós seus fillos a ser máis desinteresados...