Balbina e o padre Nicanor diríxense á casa de Turismo Rural cando se lles estropea o coche porque Miro non lle fixera a revisión.Mentres tanto, Paula fala con Mónica e Tuto para que convenzan ó seu pai de que lle merque un coche.Pola súa parte, Balbina trata de convencer a Miro de que venda o coche, pero él non quere un novo. Sen embargo, cando tenta vendelo pola súa conta, ninguén se fía del, así que Antón organiza un plan disfrazando a Miro de doctor Pereira e quedan con Paula para venderlle o coche, á vez que Nicanor comproba que o coche estea en boas condicións.Antón, Miro e Paula serán finalmente descubertos e acabarán traballando na horta da casa rural.