Miro está máis vago ca nunca e quere ir de vacacións, Balbina escacha coa risa. Nicanor precisa un campo de fútbol para os rapaces e llo pide á Caixa pero Gutiérrez non cede.Paula tamén precisa cartos, 150 euros para un curso de interpretación que o seu pai non lle da.A Antón ocórreselle a idea de intoxicar a alguén e pensan en Paula, que acepta pero a cambio quere os cartos para o seu curso. Intoxícana con tortilla e esta finxe diante de Mónica para que haxe testemuñas. A multa falsa tramitaraa Antón, e con eses cartos irán el e Miro de vacacións.Nicanor está agobiando a Pedro para que lle axude a arranxar unha leira e convertela nun campo de fútbol.Mónica ve a Paula xa ben. Pedro lle pide a Paula que faga a intoxicada diante de Nicanor, pero tamén está Balbina e descobre que o da intoxicación foi unha idea dos moinantes. Castigados, limpan a leira de Nicanor.