Balbina merca un acuario para o bar co que todos están contentos excepto Miro xa que a el dóelle o peto polo que custou. Ela quere o acuario para criar centolas, cando Balbina manda a Miro a por comida para as centolas a Antón ocórreselle a idea de botarlle auga a un frasquiño e contarlle aBalbina que son vitaminas concentradas para que crezan antes.Danlle o cambiazo ás centolas por unhas máis grandes e véndelle a Balbina un frasquiño por 200 euros.Paula que ensaiaba un número malabar na casa de Antón queda enredada e Miro ó oilos gritos cre que as centolas a atacan, así que avisa a Balbina e esta descubre a estafa que lle fixeron.