Miro quere mercar unha cana nova, pero Balbina non lle deixa, xa quehai que cambia-las cortinas do bar. Mentres Paula trata de convencer a Pedropara que lle merque un traxe que ela quere, e Nicanor anda a pedir esmola parao vestido de Santa Rita.Balbina vai ó banco a recolle-los cartos para paga-las cortinas e os deixa nobar. Miro os atopa e os reparte con Antón. Miro compra unha cana e atópase conPaspi, así que Balbina decide organizar un xuízo para acusar a Miro de ladrón.Como as probas no xuízo apuntan todas en contra del, decide compra-lo xurado.A Paula dalle 150 euros para que compre o conxunto que quere, e a Nicanor, ensecreto de confesión, lle dí que foi el, pero lle da un encaixe de camariñaspara a Santa que en realidade pertence a Carme.No xuízo absolven a Miro, pero aparece Carme para dicir que o encaixe é dela;Miro confésao todo e oblígano xunto con Antón e Paula a leva-la imaxe daSanta.