Antón coñece a un representante de artistas que gaña unha pasta só porse-lo representante de artistas famosos, mentres Balbina tenta sen éxito que axente probe menús diferentes dos que fai habitualmente e proponlle a Pedro queela podería organizar unha cea para Pedro e os seus colegas no Suízo, pero élten medo de que Miro o estrague todo. Miro fala con Pedro e lle dí que el non vai a intervir nin a facer nada nacea, así que Pedro acepta a cea no Suízo, so falta algo de música en directopara ameniza-la cea, así que Antón fala con Paula para que ela cante na ceadisfrazada de cantante de soul, xa que Paula necesita cartos para facer uncurso en Madrid. Pero a tarde xusto antes da cea, Miro ponlles a Antón e Paulaunhas cigalas podridas, Paula vai para a casa e o pai descúbrea disfrazada eenferma. A cea celébrase no Suízo e cantan Miro e Antón caracterizados do Dúo Dinámico.