Antón recibe na súa casa un libro de psicoloxía para que o axude atriunfar na súa vida. Mentres tanto, Paula lle pide o coche prestado ó seu paipara leva-los decorados da obra de teatro, e Miro quere ir a pescar peroBalbina non lle deixa. Antón convence a Miro de que limpe a cristaleira dobar; faille caso e o limpa cando Balbina vai para a cama. Pero rompen ocristal e o negan dicindo que eles non foron.Por outro lado, Paula rómpelle o espello retrovisor e os faros ó coche do seupai, e influída por Antón, tamén o nega. Antón escribe dúas cartas, unha por Miro e outra por Paula: a primeiraimitando a letra dun neno de once anos que admite que foi él o que rompeu ocristal do bar; na segunda imita outro neno que dí causar coa súa bicicleta osdesperfectos do coche de Pedro. Balbina os recompensa deixándoos ir a pescar; Pedro atopa a carta no coche, etamén pensa que debe recompensar a Paula. Finalmente todos son descubertos, xaque as follas nas que escribiron as cartas, eran dos apuntes de in