Miro déixase enredar unha vez máis polo seu cuñado Antón, que lle díque escriba uns poemas para facelos pasar por poemas inéditos de Rosalía de Castro. Con tal propósito, acoden á casa de turismo rural para coller papeisvellos que teña a señora Carme, pero casualmente os papeis que collen sonpartituras do s. XIX que deixou o padre Nicanor a Carme mentres lle pintan a Sacristía. Para que a falsificación sexa máis crible, Antón fala con Paula e proponlleque lle deixe un poema de Rosalía de Castro que mercou Pedro Barreiro por 1000euros, e a cambio de regalarlle á rapaza dúas entradas para o teatro. Pero opadre Nicanor terminará por darse conta da desfeita e de que a falsificacióndo poema é obra de Miro e Antón...